Corpiño חזייה
…
A peregrinación principal ao Corpiño celébrase entre a noite do 23 e a misa do 24 de xuño, aunque en realidade prolóngase ó longo de toda a semana.
Outras peregrinacións menores celébranse os dias 25 de Marzo e 1 de Maio, pero pode dicirse que durante todo o ano, e principalmente os fins de semana, a Virxe é visitada por xentes chegadas de todo o país.
No lugar pódense atopar pensións, donde pernoctan os pacientes na procura de alivio corporal e espiritual, e alí permanecen durante toda a duración do ‘tratamento’.
É creencia popular que a Virxe do Corpiño exerce poderes sobrenaturais sobre locos e enfermos. Fai anos acudían principalmente os que padecían do ‘meigallo’ e o ‘ramo cativo’ con os seus familiares e deudos.
Chámase meigallo a unha posesión diabólica realizada directamente polo Demo, por unha tercera persoa como unha meiga (bruxa) ou incluso polo propio posuído.
Maniféstase de diversos modos, como convulsións, retorcemento de ollos, expulsión de espuma pola boca, profusión de expresións soeces, blasfemias, vómitos, e o sinal mais inequívoco é a negativa ou oposición con forza case invencible a entrada nunha igrexa, e, sobre todo, a tolerar a exposición dunha Hostia.
O meigallo cúrase normalmente mediante a realización de exorcismos, por sacerdotes, ainda que, actualmente é efectuado mais frecuentemente por sacristans, e en concreto, por sacristanas.
Nun país de cultura matriarcal, non pode ser doutro modo.
…
